Star Center volve á Liga Galega, na que tamén estará Estudiantes

En 1ª División, 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

A Primeira División cadete feminina tivo esta tempada só un representante da Provincia, Estudiantes. O equipo celeste rematou a competición regular segundo, só por debaixo do todopoderoso Celta, cun balance de dezanove vitorias e tan só tres derrotas.
O conxunto estudiantil foi o anfitrión da final a catro, na que gañaron en semifinais a Compañía de María e na final a Maristas Coruña por un contundente 70-47. O subcampionato supuxo para Estudiantes o premio de participar no Campionato de España que se celebrou en Huelva, e no que as lucenses chegaron aos oitavos de final, nos que cederon ante Stadium Casablanca, subcampión da competición.
En canto á Liga Provincial, a Liga estivo dividida en dous grupos. Be One Ribadeo foi líder na división norte, na que tamén se atopaban CB Burela, Salto do Coro, Celtas Foz e CB Viveiro. No sur, con equipos de Ensino e Estudiantes, o título foi para Star Center, que tamén se fixo co primeiro posto na segunda fase, que reuniu aos tres mellores equipos de cada grupo.
As de David Martínez, que perderan a categoría a tempada anterior, chegaron á fase de ascenso invictas e, trala derrota na penúltima xornada ante Basquet Coruña, xogáronse a volta á Liga Galega ante Peleteiro no Pazo. Un encontro que acabou con vitoria para as lucenses, e que devolve a Star Center Ensino á Primeira División na que competirá a vindeira tempada xunto con Estudiantes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu