Star Center pechou a tempada do Baloncesto base lucense

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

DAVID MARTÍNEZ – Star Center Ensino

“Muy orgulloso del trabajo y el carácter que han demostrado estas chicas a lo largo de la temporada, en especial en esta fase de ascenso. Enhorabuena de nuevo a todas”

BOSCO SALESIANOS 48 – STAR CENTER ENSINO 42

Último partido da tempada para Star Center Ensino, a final que enfrontaba aos campións de cada grupo da Fase de Ascenso, que a vindeira tempada xogarán na Primeira División da liga cadete feminina. Así, citáronse o pasado sábado en Santiago o Bosco Salesianos de Ourense e as de David Martínez, nun partido sen nada máis en xogo que o simbólico primeiro posto nesta fase final, que rematou con vitoria do conxunto ourensán.
As altas temperaturas condicionaron o inicio, sobre todo para as ensinistas que, pese a atopar boas opcións de tiro, erraron moitas das súas ocasións, o que permitiu que o conxunto rival tomara as primeiras vantaxes para rematar o primeiro cuarto sete puntos por riba, 15-8.
No segundo parcial as lucenses comezaron a carburar, moito máis metidas no encontro e intensas en defensa, gañando o rebote, pararon o ritmo de anotación do conxunto ourensán e levaron o ritmo en ataque, con moita máis decisión na finalización das xogadas para recortar a desvantaxe antes do descanso, ao que chegaron só tres puntos por debaixo, 23-20.
O terceiro cuarto foi clave para o devir final do encontro, e é que pese á boa defensa zonal do Star Center que impedia anotar ao Bosco, e de poñerse a un só punto, as de David Martínez tampouco conseguiron anotar nos momentos decisivos, o que aproivetou o conxunto rival para montar contras e abrir unha vantaxe de once puntos antes do parcial final, unha diferenza que sería insalvable para as ensinstas que, pese a non perder a cara ao encontro e reducir distancias, non foron quen de frear os ataques rivais nos últimos minutos dun partido que rematou con 48-42 a favor do Bosco Salesianos. O Star Center pecha así unha tempada na que só cederon en dous encontros e que as devolve á máxima categoría da Liga Cadete feminina.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu