O Ensino volve a ser de Liga Galega Cadete

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

DAVID MARTÍNEZ – Star Center

“Un gran premio para un grupo de jugadoras muy trabajadoras y comprometidas. Enhorabuena a todas las cadetes del club, infantiles que nos han ayudado y las júnior que han venido a reforzar el trabajo semanal en esta fase de  ascenso. Gracias a los entrenadores y directiva por vuestro apoyo, sin el trabajo de todos y todas esto no hubiese sido posible”

STAR CENTER 69 – PELETEIRO B 41

O Cafés Candelas Ensino chegou á última xornada da fase de ascenso dependendo de si mesmo para volver, un ano despois do descenso, á Liga Galega cadete feminina. O conxunto que dirixe David Martínez fíxoo pola porta grande tras impoñerse con moita autoridade a Peleteiro B, un rival ao que na primeira volta derrotara na prorroga no encontro disputado en Santiago.
Nesta ocasión o guión foi completamente distinto, xa que o Ensino foi mellor dende o inicio do partido, algo que se viu reflectido no marcador dende os primeiros minutos cun 8-0 inicial.
Tras un tempo morto mediado o primeiro cuarto, Peleteiro recuperou o pulso, pero Ensino mantivo o mando do partido e pechou o primeiro parcial con 19-11.
O guión repetiuse no segundo parcial, cunha boa defensa lucense que volveu deixar a Peleteiro en 11 puntos, mentres que os 17 anotados deixaban a diferenza ao descanso en 14, co 36-22 co que finalizou a primeira parte.
Lonxe de acomodarse, o Ensino volveu á pista na segunda parte coa clara intención de sentenciar o encontro, e fíxoo con autoridade ao asinar un gran terceiro cuarto, 17-10, co que o ascenso quedou completamente feito de cara aos últimos dez minutos, nos que as rotacións do conxunto lucense mantiveron un nivel de xogo moi alto á vez que o equipo deixaba pasar os minutos para iniciar a festa do ascenso na pista, algo que se alargou ata fóra do Pazo.
O Cafés Candelas Ensino tralo seu paso pola Segunda Autonómica na que quedou campión zonal e provincial, puxo o punto e final a esta tempada conseguindo o obxectivo marcado ao comezo de curso, que non era outro que volver á máxima categoría do baloncesto cadete feminino.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu