O sprint final é o camiño a seguir para Estudiantes infantil feminino

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Hay que competir los cuarenta minutos y nosotras solo hemos competido en el último cuarto. Así, no llegaremos lejos”

BOSCO 64 – ESTUDIANTES 55

Estudiantes sufriu o seu primeiro contratempo na segunda fase tras perder ante un Bosco Salesianos máis intenso ao comezo de cada parte, mentres que as lucenses tan só ofreceron a súa mellor versión nos dez últimos minutos.
Ata entón, o partido comezou marcado pola maior intensidade das locais, tanto en defensa como en ataque. Estudiantes viuse desbordado en defensa ante o acerto de Bosco, e en ataque os tiros eran precipitados tras malas tomas de decisión, desencadeando nun 20-11 de parcial inicial.
No segundo, sen chegar a estar do todo ben, Estudiantes igualou en intensidade, sobre todo defensiva, xa que en ataque, pese a mellorar, tamén as porcentaxes de acerto volveron ser baixas, 13-11 no segundo parcial para chegar ao descanso con 33-22.
De novo ao comezo da segunda parte a Estudiantes custoulle arrincar, e iso ante un rival enchufado págase cun parcial de 21-10 que deixaba a diferenza en 22 puntos. Con todo, nos últimos dez minutos as de Julia Pena sacaron todo o baloncesto que levan dentro e chegáronse a poñer a cinco puntos con posesión. O balón non quixo entrar e a remontada quedouse en intento, pero Estudiantes marcou o camiño a seguir nestes última dez minutos de gran baloncesto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu