Sétima vitoria para os celestes, que pecharon a acta no quinto período

En 1ª División, Alevín, Principal

IAGO CASTRO – Estudiantes

“Acabamos el año con muy buenas sensaciones y esperamos que continúe así. Felicito a mi equipo por el compromiso y la ilusión que muestra”

ESTUDIANTES 76 – BBCA 25

Estudiantes Lugo chega ao final do ano cunha praza asegurada na segunda fase da competición.
Co equipo ao completo despois dun mes complicado, con moitas baixas, os celestes resolveron con facilidade o partido ante un rival que aínda non gañou ningún encontro nesta competición e ao que xa venceran no partido de ida en Ferrol.
Despois duns primeiros minutos discretos, os estudiantís tomaron as rendas do encontro e apenas deron opcións aos visitantes. O partido xogouse ao ritmo marcado polos de Iago Castro, que puideron correr e anotar con facilidade e que estiveron tamén acertados no tiro exterior. A superioridade local foise transladando ao marcador ata que, no quinta período, se pechou a acta cun 76-25 no electrónico.
Así, Estudiantes Lugo chega ao descanso de Nadal con moi boas sensacións e 7 vitorias nos 8 partidos disputados. Só Baloncesto Narón, que lidera a clasificación, logrou vencer aos de Iago Castro no que vai de temporada.
Na volta á competición, o vindeiro 20 de xaneiro, os celestes mediranse a Montrove e, na derradeira xornada da primeira volta, terá enfronte a Maristas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu