A sétima vitoria consecutiva de Estudiantes naceu nunha brillante posta en escena

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Seguimos sumando victorias con la cabeza fría y sabiendo cuales son nuestros objetivos como equipo”

CÍA DE MARÍA 50 – ESTUDIANTES 77

Nova vitoria de Estudiantes na Liga Galega júnior masculina e xa van sete consecutivas para os de Ángel Riobóo. A última en Santiago ante Compañía de María nun partido marcado pola espectacular posta en escena dos lucenses e pola rigorosidade dos árbitros cos celestes no resto do partido.
De inicio, Estudiantes varreu da pista ao seu rival, cun primeiro parcial de 0-15 nos primeiros cinco minutos, pechando o primeiro parcial con 5-26. Os cinco puntos dos composteláns chegaron desde o tiro libre, algo anecdótico ata entón pero que terminou por ser un crebacabezas para os celestes.
Co encontro practicamente sentenciado, o ambiente crispouse polas decisións arbitrais, que foron gañando protagonismo a pulso.
Casos como o de Álex Rivas, que nos oito minutos nos que estivo en pista foi eliminado por cinco faltas, ou os de Trabado e Anxo, que en vinte minutos viron catro, desluciron un pouco un encontro no que Estudiantes tan só acudiu catro veces á liña de persoal.
Pese a todo isto, os lucenses, grazas a un gran traballo defensivo e ofensivo, puideron manter a calma para saír airosos dun partido que se complicou en exceso por factores externos a eles, tralo recital de baloncesto que deron no primeiro cuarto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu