Setembro agarda para unha nova oportunidade de loitar polo ascenso

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

ADRIÁN GONZÁLEZ – Cidade de Lugo

“Una pena este final, la temporada fue larga y nosotros tenemos una plantilla pequeña”

CIDADE DE LUGO 36 – BASKET FERROL 64

Cidade de Lugo pecha o seu paso pola Fase de Ascenso con mal sabor de boca, pero os de Adrián González terán en setembro unha nova oportunidade de volver á Primeira División júnior masculina.
A temporada fíxose un pouco longa para os lucenses, e a falta de adestramentos e de xogadores tamén pesaron á hora de loitar polo ascenso ante equipos máis traballados.
No partido do pasado sábado no Anexo, Cidade intentouno durante toda a primeira parte, pero dende o comezo Basket Ferrol foi por diante no marcador e, pese que ao descanso o resultado era de 20-28, na segunda metade os visitantes aproveitaron a baixa intensidade de Cidade para continuar aumentando as diferenzas e pechar o encontro co definitivo 36-64.
Tralas vacacións Cidade volverá á carga para recuperar a praza que perdera a pasada tempada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu