Segunda vitoria para Estudiantes 02 na fase de ascenso cadete

En 2ª División, Cadete Masculino

IAGO CASTRO – Estudiantes 02

“Partido muy completo por nuestra parte. Intentaremos terminar el año con buenas sensaciones”

OBRADOIRO 38 – ESTUDIANTES 02 64

Tras gañar no encontro de ida no Anexo, o equipo celeste sumou un novo triunfo nesta fase de ascenso en Santiago ante Obradoiro, nun partido no que os de Iago Castro mostráronse moi superiores ao longo dos 40 minutos.
Dende o inicio as sensacións foron de dominio por parte dos lucenses e, tras chegarse ao descanso cunha vantaxe de dez puntos, Estudiantes pechou o encontro no terceiro cuarto, impoñendo un ritmo moi alto de anotación ante o que nada puido facer o conxunto compostelán.
O equipo celeste pechará a vindeira fin de semana a súa participación na fase de ascenso cadete masculina e a tempada en casa, ante Culleredo. Pese a perder no encontro da primeira volta por 19 puntos, os de Iago Castro buscarán unha vitoria para rematar o ano con boas sensacións.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu