A “segunda parte” será no Anexo

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

Estudiantes perdeu o primeiro partido en 2 anos en fase regular

Estudiantes perdeu en Ferrol un partido que terá a súa continuidade no Anexo, no encontro de volta entre os dous mellores equipos desta competición e no cal as de Gemma Souto buscarán a vitoria e si é posible recuperar tamén o average.
Os dous equipos chegaban á cita con pleno de triunfos ata a data, o que engadiu un plus de nerviosismo principalmente ao equipo visitante, que o pagou nos primeiros minutos nos que BBCA tomou o mando no marcador nun primeiro cuarto marcado por algunha decisión arbitral estraña coa que Estudiantes se cargou moi pronto de faltas. Na primeira parte o conxunto celeste nunca atopou as súas mellores sensacións e o marcador, con 31-18 ao descanso reflectíao.
Aos poucos Estudiantes sacudiuse os nervios e na segunda parte empezou a recortar puntos, pese ao lastre das baixas porcentaxes no tiro libre, só o 25%. Con 16-18 e 19-22 nos dous últimos parciais as de Gemma conseguiron reducir as diferenzas ata 8 puntos que intentará recuperar no partido de volta no Anexo.

“Debemos aprender a sobreponernos y trabajar en aquello que hemos fallado, tenemos mucho trabajo por delante pero la Liga es muy larga y esto no ha hecho más que comenzar. Toca ponerse las pilas GEMMA SOUTO Estudiantes

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu