Sarria tamén sabe gañar aos “grandes”

En 1ª División, Alevín

Primeira vitoria na segunda fase, na que os de Xabi López-Acevedo seguen indo a máis

 

PELETEIRO 78 – MGR SARRIA 84

Sarria xa sabe o que é gañar no grupo elite, no que compiten os mellores equipos de Galicia en idade infantil.

Os de Xabi López-Acevedo están entre eles, pero aos sarriaos faltáballes a guinda dunha vitoria e esta chegou en Santiago ante Peleteiro.
O equipo deu un paso á fronte en defensa e pechou o rebote en ambas pinturas, sendo estas as principais claves da vitoria.
O 11-16 do primeiro parcial xa era unha declaración de intencións nun partido que chegou ao descanso con 43-44 no marcador.
Na segunda parte Sarria rompeu o encontro cunha gran defensa e acerto en ataque asinando un 7-15 no cuarto parcial. Con nove puntos de vantaxe os lucenses souberon manter a renda ata asinar a súa primeira vitoria.

 

“Este grupo tan comprometido de alevines merecía una victoria en esta fase de la Liga Gallega”
XABI LÓPEZ-ACEVEDO MGR Sarria

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu