Sarria segue pulindo o seu proceso de formación

En 1ª División, Alevín

Basket Ferrol non concedeu opcións en Novo Chanto o pasado domingo

Todo proceso de formación e adaptación a unha categoría superior á habitual é complicado, pero Sarria está tendo ademais un inicio de curso en grao sumo esixente ao medirse a equipos cunha ampla traxectoria na competición e aspirantes a estar no máis alto da clasificación.
Na xornada inaugural visitou Novo Chanto Narón, na segunda os de Xabi López-Acevedo viaxaron ao Anexo para medirse con Estudiantes e na terceira cita, todo un Basket Ferrol en Sarria.
O potencial dos ferroláns, unido a unha falta de tensión inicial que se paga cara nesta competición, propiciou un parcial de 6-16 inicial no que Basket Ferrol anotou as oito canastras baixo o aro.
Sarria mellorou en defensa, pero o quinteto en pista dos ferroláns fixo dano no segundo cuarto no que despegaron no marcador, 5-22. A mellor noticia para os sarriaos foi que non se deixaron levar e igualaron un pouco as forzas no terceiro parcial, 10-15 para chegar ao descanso con 21-53.
Xabi López-Acevedo conseguiu o máis difícil, que o seu equipo competise á marxe do marcador e non se deixase ir. Sarria foi competitivo ao longo de toda a segunda parte con parciais igualados, 7-10, 5-9 e 6-18 nun partido no que todos os xogadores dispuxeron de minutos para ir adaptándose á unha competición na que irán a máis.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu