Sarria reina na festa do basket ofensivo

En 1ª División, Alevín, Principal grande

196 puntos nun derbi no que os de Xabi López-Acevedo asinaron a súa terceira vitoria consecutiva na Liga Galega

Maritas e Sarria deron un recital ofensivo no derbi provincial da Liga Galega que lles mediu no Anexo o pasado sábado pola mañá. Os de Xabi López-Acevedo sacaron a relucir o seu arsenal ofensivo nunha nova mostra do gran estado de forma polo que atravesan e co que suman tres vitorias consecutivas na Liga Galega de minibasket.
Desde os primeiros minutos os ataques impuxéronse ás defensas, especialmente o de Sarria, que pechou o primeiro parcial con tres triplos consecutivos para levar o marcador ata o 13-26.
Os dous equipos axustaron máis as defensas no segundo parcial, 12-16, pero antes do descanso Sarria volveu voar no Anexo cun xogo dinámico e moitísimo acerto en ataque, 12-23 para levar o marcador ata o 25-42 co que se chegou ao descanso.
Pese á vantaxe visitante no marcador, Maristas tirou de orgullo ao comezo da segunda parte e non se deixou levar. Os de Óscar Engroba conseguiron impoñerse no cuarto parcial, 18-12, disputando os seus mellores minutos no derbi.
Un derbi no que Sarria quixo ser e foi protagonista. No cuarto parcial conseguiron ver aro de novo con facilidade e a diferenza volveu aos trinta puntos de vantaxe.
Carlos e Néstor polos locais, con 30 puntos entre ambos, mantiveron a Maristas vivo en ataque, pero Sarria tivo máis vías para anotar e levou o marcador final ata o 78-111 co que os de Xabi López-Acevedo asinaron a súa terceira vitoria consecutiva nunha Liga Galega de minibasket á que xa lle están collendo o gusto.

“Festival ofensivo por parte de los dos equipos”XABI LÓPEZ-ACEVEDO  MGR Sarria

“Para poder competir en el marcador hasta el final en la Liga Gallega tenemos que defender mucho mejor a lo largo de los encuentros”ÓSCAR ENGROBA  Maristas Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu