Sarria e Ribadeo teñen diferente sorte. Viveiro notou a falta de rodaxe no seu debut

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

PRAIA FRAGATA 57 – CB SARRIA 51

CB VIVEIRO 33 – PONTUMIO 53

CB RIBADEO 55 – STAR CENTER 53

 

O Ría de Ribadeo estreou a súa conta de vitorias na Segunda División júnior feminina tras impoñerse ao Star Center Galicia nun partido dos que crean afección e do que as mariñás sairán moi reforzadas.
O respecto mutuo marcou os primeiros minutos, disputándose o primeiro parcial de poder a poder con 15-15 no marcador. No segundo cuarto as visitantes romperon a defensa zonal de Ribadeo e apertaron moito a subida de balón da infantil Aldara, que con todo aguantou moi ben a presión ante júniors de segundo ano.
Star Center conseguiu unha lixeira vantaxe, 26-34 ao descanso, mentres que na segunda parte Ana Canel empezou a acaparar protagonismo en ambas pinturas, asinando 20 puntos e dirixindo a remontada do Ribadeo.
Esta chegou no último cuarto, que empezou con cinco puntos de vantaxe para as visitantes, pero a dous minutos para o final Ribadeo mandaba por cinco.
Ao final, vitoria merecida e das que reforzan aos equipos. Na próxima xornada o conxunto de Jose Vázquez medirase con Ensino en Lugo.

O María Teresa Martínez Dental Sarria entrou un pouco tarde ao partido que lle mediu con Praia de Fragata, que cun parcial inicial de 18-8 obrigou ás de Maísa a remar contracorrente. Unha vez que se asentou Sarria sobre a pista empezou a competir de poder a poder, pero ao último parcial chegouse con 15 puntos de vantaxe para as locais. Sarria buscou a heroica, pero xa só puido recortar nove deles, 11-20.
O Carferlo Viveiro debutou na competición ante un rival moito máis rodado que cun parcial inicial de 0-12 tomou o mando dende os primeiros minutos. A diferenza foise ampliando co paso do partido, pero no último cuarto as de Vicente Piñón chegáronse a poñer a dez puntos, aínda que sen gasolina para intentar a remontada final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu