Sarria e Ribadeo meten a quinta

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

Ambos conxuntos lideran os grupos 1 e 2 con pleno de vitorias e xa teñen asegurados os primeiros postos a pesar de que aínda queda unha xornada por disputar

 

MGR Sarria e Ría de Ribadeo manteñen a súa hexemonía en cada un dos dous grupos desta Copa Primavera cadete.

No grupo primeiro os mariñaos, dirixidos por Sama, impuxéronse con autoridade ao Ensino Lugo nun partido no que catro xogadores do Ribadeo terminaron con dobres díxitos, sendo Iker o máximo anotador con 30 puntos.
No outro encontro deste grupo 1 o Viveiro impúxose ao Estudiantes Azul no Anexo 48-77 e consolídase na segunda posición.
Xa no Grupo segundo MGR Sarria, líder invicto da competición, levouse a vitoria do Anexo ante Estudiantes Vermello cun 57-74, nun encontro no que os sarriaos demostraron a súa superioridade ao medirse primeiro contra segundo.
O Sagrado Corazón tamén saboreou a vitoria nesta xornada ao impoñerse, tamén no Anexo, por 84-44 a Oral Design Sarria.

Última xornada De cara á seguinte e última cita desta Copa Primavera cadete, os enfrontamentos, sen que poidan variar o primeiro posto, son os seguintes: No Grupo segundo o Oral Design Sarria recibe a Estudiantes Vermello e MGR Sarria fará o propio en Novo Chanto ante o Sagrado Corazón.
No Grupo primeiro o líder intratable, o Ría de Ribadeo, recibe ao Estudiantes Azul e o Ensino Lugo medirase no Anexo cun Carferlo Viveiro que chega a este tramo final de tempada nunha boa dinámica.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu