Sarria certifica a súa evolución

En 1ª División, Alevín

Pese á derrota a diferenza entre ambos equipos na xornada inaugural en Novo Chanto foi máis avultada que no partido de volta

Á marxe do que poida indicar o marcador final, que reflicte a superioridade de Narón, líder da competición cunha soa derrota en sete encontros. A realidade di que Sarria volveu demostrar que a súa evolución continúa polo camiño correcto, xa que os de Xabi López-Acevedo foron máis competitivos que no primeiro encontro de tempada no que ambos equipos se mediron en Novo Chanto.
O partido empezou con moi boas sensacións para Sarria, cun primeiro parcial de 8-12 tan só empañado polos 8 puntos locais tras rebotes ofensivos en segundas opcións. A partir de aí o encontro estivo marcado pola defensa a toda pista dun Narón que exhibiu potencial e físico para chegar ao descanso con 46-30 no marcador.
Ao comezo da segunda parte os dous equipos foron sólidos en defensa, pero os pequenos detalles facían que Narón fose ampliando a diferenza sen que se vise tanta superioridade na pista como no electrónico. Na recta final todos os xogadores desprazados a Narón tiveron minutos, entre eles o premini Diego Regueiro que debutó na categoría.
Con este encontro Sarria despediu un 2018 que quedará na a memoria do club coa súa primeira participación na Liga Galega alevín, que se reanudará na fin de semana do 19-20 de xaneiro co derbi entre Sarria e Estudiantes, un encontro que se disputará no pavillón de Novo Chanto.

“Pese al resultado final gran mejoría a nivel grupal de nuestros alevines con el debut de otro jugador premini más de nuestro club” XABI LÓPEZ-ACEVEDO MGR Sarria

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu