San Ciprián segue acumulando forzas e o Sagrado logra a súa novena vitoria

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

PORTA XI 39 – SAN CIPRIÁN 74

SAGRADO 79 – SANEAMIENTOS 30

 

O San Ciprián segue acumulando forzas de cara ao treito final da Liga, na que pelexará con Cidade polo campionato. Os da Mariña, con só un xogador para rotacións, buscaron encarrilar canto antes o partido contra Porta XI, Así, no primeiro cuarto propuxeron unha presión a toda pista que lles serviu para lograr un parcial contundente, 7-31, e unha vantaxe cómoda para afrontar o resto do encontro do que seguiron levando as rendas aínda que, sen a presión asfixiante do inicio, os ensinistas encadearon bos minutos de baloncesto.
No outro partido disputado na fin de semana, Sagrado Corazón impúxose ao CB Sarria despois dun comezo dubitativo, sen Dani na cancha. A súa saída á pista puxo aos locais no camiño da vitoria, que remacharon no terceiro cuarto cunha defensa forte e canastras en contraataques tras roubos ou rebotes. A competición encara o parón de Semana Santa con tres xornadas por disputarse e San Ciprián e Cidade de Lugo como candidatos ao título. Se os dous equipos manteñen as súas xeiras de resultados, o campión decidiríase no enfrontamento directo da última xornada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu