San Ciprián pecha o ano no máis alto da Liga infantil provincial masculino

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAGRADO 52 – SAN CIPRIÁN 75

CB VIVEIRO 52 – CELTAS FOZ 79

AG SARRIA 46 – PORTA XI 37

ESTUDIANTES 04 64 – SAN. SARRIA 14

CIDADE 55 – ESTUDIANTES 05 4

 

O San Ciprián saíu airoso dun partido contra Sagrado Corazón que poñía a proba a solidez da súa candidatura ao título, antes de medirse a Estudiantes 04 e Cidade despois do descanso de Nadal. A vantaxe adquirida no primeiro cuarto -6 a 20- foi fundamental na vitoria do equipo visitante que, a partir de aí, se foi desdebuxando sobre a cancha. Sagrado Corazón, que chegou ao encontro cunha convocatoria condicionada polas baixas, empezou a conseguir saír da presión e a soltarse en ataque, polo que os parciais foronse igualando. Con todo, a superioridade física e o dominio do rebote permitiulle ao San Ciprián manter a renda.
Os seus vindeiros rivais, Estudiantes 04 e Cidade resolveron con comodidade os seus encontros da última xornada do ano contra Saneamientos Sarria e Estudiantes 05, dous equipos de primeiro ano.
Máis igualado foi o AG Elevadores Sarria-Porta XI Ensino, que rematou con vitoria do equipo local, o menos desacertado de cara ao aro.
O derbi mariñao entre CB Viveiro e CB Celtas foi para o equipo visitante, que amosou a súa mellor versión evitando que o Viveiro se enganchara ao partido.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu