San Ciprián, Estudiantes 04 e Cidade de Lugo mandan na Liga Provincial Infantil

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

CIDADE 61 – SAGRADO 49

ESTU 05 29 – CB SARRIA 49

VIVEIRO 58 – ENSINO 51

CELTAS FOZ 55 – SAN CIPRIÁN 78

ESTU 04 73 – AG ELEVADORES 31

 

San Ciprián, Estudiantes 04 e Cidade de Lugo son os tres equipos que conseguiron reeditar as vitorias da xornada inaugural.
Os mariñaos encabezan a clasificación grazas ao basketaverage e volven apuntar alto tras sorprender no seu debut a pasada campaña. O equipo de Nacho Mota e Elena impúxose ao Celtas Foz malia afrontar o partido con so seis xogadores. Hugo, con 37 puntos, e Mario, con 22, monopolizaron o xogo visitante impoñendo un ritmo anotador frenético, en contraataques e en segundos tiros tras gañar o rebote ofensivo. O gran terceiro cuarto dos locais, que recortaron a diferenza con respecto ao descanso, non foi suficiente para facer dubidar a un equipo coas ideas moi claras en ataque.
Estudiantes 04 defendeu ante AG Elevadores a perenne condición de favorito que acompaña ao club. Sen estar especialmente acertados de cara ao aro, os de Fran Bonell resolveron o encontro cunha gran actitividade defensiva que lles permitiu correr e anotar moitas canastras en contraataque. Os sarriaos intentaron revertir a situación baixando o ritmo de xogo, e lográrono durante algúns minutos, pero a falta de fondo físico e certa precipitación deixoulle o camiño despexado a Estudiantes 04.
Máis apuros pasou Cidade de Lugo para impoñerse a un Sagrado Corazón que, malia ir case todo o partido a remolque no marcador, pagando un mal primeiro cuarto, foi quen de poñerse a un só punto na metade do último período. Nos derradeiros minutos Cidade fíxose forte a nivel defensivo.
Outro partido con resultado incerto ata o final foi o que disputaron Viveiro e Ensino. Os capitalinos comezaron mellor, 12-17 no primeiro cuarto, pero os mariñaos déronlle a volta ao partido, 20-14 e 12-8, e amarraron o triunfo nun último cuarto moi disputado.
No choque entre os máis novos da Liga, o Sarria B venceu a Estudiantes 05 nun partido en que levou sempre a iniciativa.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu