San Ciprián e Ensino 02 lévanse a vitoria nunha xornada con tres encontros aprazados

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

 

SAN CIPRIÁN 71 – CB SARRIA 41

TERRA CHÁ 23 – ENSINO 02 84

 

As vitorias de San Ciprián e Ensino 02, no alto da táboa resumen unha cuarta xornada de Liga con tres encontros aprazados.
San Ciprián-CB Sarria A defensa foi a clave da vitoria do equipo local. As mariñás exerceron unha eficaz presión en todo o campo, que acelerou o ritmo do partido e provocou moitos erros dun CB Sarria que, na primeira metade, non atopou a forma de superar esta proposta defensiva das locais. O San Ciprián puido correr e anotar, polo que axiña despegou no marcador, 21-8 no primeiro parcial e 23-8 no segundo. Tras o paso polos vestiarios, o CB Sarria saíu á pista cunha mentalidade diferente, tratando de superar a defensa das locais facendo circular o balón. Na segunda parte as de Adrián Vázquez foron superiores en rebote e en transicións rápidas, aumentando considerablemente o seu ritmo anotador no terceiro cuarto, 16-16, pero sen conseguir recortar distancias ante un San Ciprián xa confiado no triunfo.
Terra Chá-Ensino 02. Malia non ser moi regulares no seu rendemento ao longo do partido, cun terceiro cuarto en que só anotaron 6 puntos, as ensinistas lograron unha vitoria ampla en Vilalba. As locais non tiveron un día acertado de cara a canastra ante un Ensino 02 que cando o precisou si que se empregou no traballo de presión. 0 partido rompeuse definitivamente co parcial de 2-29 do segundo cuarto. As de Aigor Romo chegan invictas, con 4 triunfos, ao San Ciprián, que parece disposto a disputarlles a hexemonía na liga provincial a Ensino e CB Ría de Ribadeo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu