San Ciprián e Cidade infantil mediranse a próxima fin de semana polo liderado

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

ELEVADORES 72 – CB CELTAS 68

PORTA XI 48 – SAGRADO 55

SAN CIPRIÁN 64 – ESTUDIANTES 04 40

SANEAMIENTOS 17 – CIDADE 70

 

AG Elevadores CB Sarria e AX Sagrado Corazón seguen coa vista posta no alto da táboa. Ningún dos dous quere perder terreo con respecto aos tres equipos de arriba, como demostraron nos partidos da fin de semana.
Os sarriaos impuxéronse ao CB Celtas Foz nun partido no que os visitantes puideron acabar dando a sorpresa. Os locais foron acumulando vantaxe desde o inicio e chegaron ao último periodo con 18 puntos de vantaxe, pero tamén cargados de faltas pola alta intensidade do encontro, e o Celtas a piques estivo de darlle a volta ao marcador.
Sagrado tamén tivo que empregarse a fondo para impoñerse a Porta XI, nun partido disputado e tenso no que tamén sufriu no último cuarto, con Julián lesionado.
Elevadores e Sagrado mediranse a vindeira fin de semana, que ten na axenda outro choque de altura, Cidade-San Ciprián, un partido co liderado en xogo, despois de que un e outro equipo saldaran con vitoria os enfrontamentos desta fin de semana. Cidade ante Saneamientos Sarria, e San Ciprián, con máis dificultades, ante Estudiantes,

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu