A ruta cara Huelva ten unha peaxe en Santiago de Compostela

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Felicito a todo el equipo por la gran temporada realizada en la fase regular. Ahora a disfrutar de la Final Four”

PORRIÑO 86 – ESTUDIANTES 83

Estudiantes pechou a Liga regular en Porriño, nun encontro no que pese á derrota, os de Pablo Abuín terminaron con boas sensacións nun partido que afrontaron con moitas ausencias, pero no que amagaron cunha gran remontada final ante un rival que tamén estará na Final Four.
Unha Final A4 na que os celestes debutarán ante Marín o sábado a partir das 19:00 horas en Santiago de Compostela.
Para despedir o Galego Estudiantes tivo unha boa posta en escena ante Porriño, pero o acerto local no tiro exterior levou o marcador ata o 22-19 co que finalizou o primeiro cuarto.
No segundo, Porriño puxo terra polo medio no marcador cos seus mellores minutos, asinando un segundo parcial de 23-14 co que se chegou ao descanso con 45-33. Lonxe de deixarse levar pese a competir moi mermados de efectivos, Estudiantes deu a cara na segunda parte, na que afinaron o punto de mira de cara á Final Four con 24 puntos no terceiro parcial e 26 no último, no que ata tiveron unha última posesión para poder forzar a prórroga, pero o balón nesta ocasión non quixo entrar e o comodín da fortuna reservárono os celestes para a Final A4.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu