Rosalía non deu opción aos de Sama en Ribadeo

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – CB Ribadeo

“Antes de pensar en ganar partidos tenemos que pensar en competir, y antes de competir hay que trabajar para poder competir”

CB RIBADEO 48 – ROSALÍA 87

Ribadeo tivo un complicado encontro ante Instituto Rosalía, que dominou todas as facetas do xogo, especialmente na primeira parte.
Os composteláns anotaron con facilidade ante a pouca actividade e intensidade defensiva de Ribadeo nos primeiros vinte minutos, nos que tan só cometeron dúas faltas persoais, ambas no segundo parcial. Mentres que Rosalía propiciou un apagón ofensivo cunha férrea defensa que freou os focos de anotación dos mariñaos.
O 12-21 co que terminaron os primeiros dez minutos e o 10-28 do segundo cuarto deixaban o encontro visto para sentenza ao descanso, 22-49.
Ribadeo, coa moral minada polos últimos resultados, ofreceu a súa mellor versión tralo intermedio, xogando con menos presión e anotando con máis fluidez, malia o ataque rival continuou sendo superior para asinar un terceiro parcial de 19-22.
Na recta final Rosalía fixo sangue ao volver retomar o guión da primeira parte, sendo superiores e endosando un parcial de 7-16 co que levaron o marcador ata o avultado 48-87.

DERBI PROVINCIAL
A próxima xornada medirá aos dous mellores equipos infantís masculinos da Provincia. Estudiantes recibirá a Ribadeo nun duelo a priori desnivelado, xa que se miden o líder invicto da clasificación co colista, pero Ribadeo xa demostrou noutras ocasións que cando peor pintan as cousas saen a flote, e seguro que darán guerra no derbi da próxima xornada que se disputará no Anexo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu