Ribadeo volve sorrir tras debutar con vitoria na segunda fase

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – CB Ribadeo

“El objetivo es crecer como jugadores, pero una victoria siempre ayuda a los chicos, así que me alegro por ellos”

RIBADEO 84 – SIGALTEC 76

Ribadeo sumou a súa segunda vitoria na Liga Galega infantil tras debutar con triunfo na segunda fase, nun partido duro que os mariñaos desnivelaron ao seu favor grazas ás altas porcentaxes de acerto desde o tiro libre, xa que Sigaltec tan só puido frear a Iker e Javi con faltas persoais.
Os ataques impuxéronse de inicio ás defensas, 21-24 no primeiro cuarto. Xa no segundo Ribadeo mellorou defensivamente, pero o cansazo tamén empezou a aparecer ante un rival máis físico que os de Sama. Pese a iso, ao descanso chegouse cun axustado 35-41.
A defensa local brillou con luz propia no terceiro cuarto, no que en ataque, Ribadeo era imparable para Sigaltec ,xa que cada acción ofensiva terminaba en canastra ou falta, 30-17. Con máis 7 chegouse aos últimos dez minutos, nos que Ribadeo mantivo o 80% de acerto en tiros libres e a cabeza fría para alzarse coa vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu