Ribadeo, tras un bo inicio de partido, cedeu na segunda parte ante Coruña

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – Ría de Ribadeo

“El único camino que nos queda es recuperar el buen trabajo semanal para volver a ser competitivos en esta categoría”

BASQUET CORUÑA 71 – RÍA RIBADEO 64

Ribadeo volveu ser competitivo e ata foi superior durante moitas fases do encontro na Coruña, especialmente ao comezo do partido no que, cun xogo compacto, colectivo e intenso tomaron as primeiras vantaxes no marcador co 16-20 do primeiro cuarto.
No segundo parcial a diferenza mariñá foise ata os máis 10, pero nese momento Javi cargouse coa terceira falta persoal e tive que ir ao banquiño. Coruña aproveitou isto para poñer en pista ao seu quinteto máis alto, pasando a dominar o rebote e o xogo interior para darlle a volta ao marcador cun parcial de 10-2 e chegar ao descanso con 33-35.
Tralo intermedio a Ribadeo custoulle meterse no encontro, e cando o fixo as forzas non lle acompañaron e xogaron máis co corazón que coa cabeza, moi individual e sen a fluidez do inicio de partido, polo que terminaron cedendo por un axustado 71-64.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu