O Ribadeo quedou co subcampionato

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

As de Jose Vázquez foron a revelación da competición, na que fixeron sombra aos grandes equipos da zona norte

 

CB RIBADEO 35 – BASQUET CORUÑA 48

O CB Ribadeo quedou co subcampionato ligueiro tras caer ante Basquet Coruña nun duelo a cara ou cruz polo título. As ribadenses superaron todas as expectativas nunha temporada brillante na que lles queda aínda loitar polo campionato galego.
Os nervios ante a posibilidade de conquistar a primeira praza apareceron durante o encontro, propiciando erros moi pouco habituais nun equipo que se mostrara máis fiable que as coruñesas nas últimas xornadas.
A transcendencia do partido non pasou desapercibida para ningún dos dous conxuntos, como demostrou o primeiro parcial, inusualmente baixo, 9-6, pero, co paso dos minutos, penalizou máis ás ribadenses, menos experimentadas nestas situacións.
Aínda así, o tren pasou moi cerca. No segundo cuarto, as de Jose Vázquez foronse de oito puntos e tiveron opcións de ampliar a renda e romper o partido, pero o acerto de Basquet Coruña no tiro exterior volveu igualar o marcador, 19-18 ao descanso.
A oportunidade perdida para distanciarse pesou no ánimo das ribadenses de cara ao terceiro cuarto, no que encaixaron un parcial de 5-15.
Con todo, as mariñás non se deixaron ir e, no último cuarto, engancháronse de novo ao encontro recortando a distancia a cinco puntos a catro minutos para o final. As coruñesas tiraron de oficio para retomar o mando e quedar coa vitoria.

 

“No pudo ser, pero estamos muy orgullosas de conseguir el subcampeonato y pasar a la siguiente fase” JOSE VÁZQUEZ CB Ribadeo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu