Ribadeo plantoulle cara ao líder e Sarria foi de menos a máis no Novo Chanto

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

STAR CENTER 43 – RIBADEO 24

CB SARRIA 57 – PRAIA FRAGATA 76

 

Ribadeo volveu ser un incordio para o líder intratable da competición, un Star Center Galicia que tan só perdeu un encontro, e ese foi en Ribadeo ante o conxunto de Jose Vázquez.
Desde o inicio Ribadeo foi competitivo, o encontro comezou cos dous equipos en zona nunha pista moi pequena e as defensas impuxéronse aos ataques, 6-6 ao final dos primeiros dez minutos. A partir de aí as locais subiron as liñas e empezaron a impoñer a súa superioridade física ante quintetos con moitas cadetes por parte de Ribadeo. Pese a iso, as mariñás non se engurraron e cunha gran Ana Canel na pintura e, de novo co acerto da cadete Irene, chegouse ao descanso cun axustado 24-16.
Na segunda parte os ataques volvéronse a atascar ante as formulacións defensivas, polo que a anotación foi moi baixa no terceiro cuarto, 5-2,
Ao último cuarto chegouse con máis once para o líder, que tivo que recorrer á súa mellor xogadora, García, autora de 20 puntos, para sentenciar o encontro. Cun resultado final máis avultado do que se puido palpar ao longo dos corenta minutos de encontro.

O María Teresa Martínez Dental Sarria cedeu ante un BBCA que mostrou un gran acerto ao longo da primeira parte en Novo Chanto, o que propiciou que as de Maísa tivesen que remar contracorrente nunha segunda parte na que conseguiron igualar as forzas sobre a pista e o tenteo no marcador, aínda que a diferenza no electrónico xa era insalvable.
Sarria viaxará a Viveiro a próxima xornada para medirse nun novo derbi provincial ao Carferlo, que nesta xornada aprazou o encontro que lle debía medir con Pontumio.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu