Ribadeo pagou un mal segundo cuarto ante Sigaltec

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – CB Ribadeo

“Nos quedan dos partidos en casa para finalizar la liga y vamos a lucharlos para acabar con buen sabor de boca”

SIGALTEC 75 – CB RIBADEO 52

Ribadeo despedirá a tempada con dous partidos en casa, nos que os xogadores de Sama merécense todo o apoio para despedir este curso con boas sensacións. O último desprazamento foi a Vilagarcía, onde se disputou un partido de altibaixos.
A posta en escena dos mariñaos foi moi boa, cun xogo sólido e co único lunar do pouco acerto no tiro pese a xerar boas opcións a través da circulación de balón. O primeiro parcial pechouse cun axustado 14-13, e nada podería facer presaxiar que no segundo Sigaltec deixaría practicamente visto para sentenza o partido. Os locais mostráronse claros dominadores en ambas pinturas, especialmente ao cargar o rebote ofensivo, co que dispuxeron de terceiras e ata cuartas opcións de tiro, mentres que en ataque Ribadeo tivo un apagón xeneralizado que deixou o marcador en 38-18 ao descanso.
Os mariñaos reaccionaron no terceiro cuarto, chegando a poñerse a 10 puntos, pero na recta final o fondo de armario volveu ser o factor determinante para un Ribadeo sen enerxía para poder loitar pola remontada.
Blanco Amor e Maristas serán as dúas últimas citas da Liga Galega, ambas co Ribadeo de local.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu