Ribadeo non opuxo resistencia defensiva ante Maristas

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – CB Ribadeo

“Nos queda un mes de competición y tenemos que pelear cada partido para seguir creciendo”

MARISTAS 84 – CB RIBADEO 67

O encontro entre Maristas Ourense e Ría de Ribadeo resúmese nun dato. Os mariñaos encaixaron 84 puntos pero tan só cometeron 7 faltas ao longo dos corenta minutos de xogo.
Sen intensidade atrás os de Sama tiveron que remar contracorrente no marcador desde os primeiros minutos, 25-15 nun primeiro cuarto marcado pola superioridade física dos ourensáns e polas facilidades que tiveron en ataque para penetrar a pintura visitante sen oposición.
No segundo parcial, cos xogadores máis altos de Maristas no banquiño e cunha boa defensa presionante, Ribadeo conseguiu igualar as forzas ata poñerse a tan só dous puntos de distancia no marcador, chegándose ao descanso con 45-32.
En ataque Ribadeo non estivo mal, pero encaixando 84 puntos as opcións de loitar pola vitoria redúcense practicamente ao máximo, e máis si só cometes 7 faltas ao longo do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu