Ribadeo mantén a liña ascendente no derbi ante Estudiantes

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

RUBAL – CB Ribadeo

“Sen intensidade somos mediocres. Intensos e concentrados, brillantes”

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Contento con el trabajo del equipo a pesar de haber perdido”

CB RIBADEO 77 – ESTUDIANTES 63

O Ribadeo aséntase na parte alta da clasificación tras lograr a terceira vitoria consecutiva nun derbi ante Estudiantes, no que xeiras de acerto inusuais desde a liña de tres marcaron os xiros do partido.
A primeira metade foi de dominio estudiantil. Os de Sise Peinó sorprenderon ao equipo local cunha defensa zonal que lle pechou os ocos a Marco, e dispararon a vantaxe ata os 15 puntos con seis triplos no segundo cuarto. Antes do descanso, o Ribadeo conseguiu frear a hemorraxia e reducir distancias ata o 37-43, cos tres últimos puntos nun triplo no último segundo de Alberto, que se erixiu en líder do equipo.
Na segunda metade, Ribadeo mudou o seu xogo, apertando en defensa e anotando con máis facilidade. O 15-10 do terceiro parcial, o primeiro ao seu favor, deixaba a diferenza en dous puntos, con todo o último cuarto por diante. Despois dun inicio igualado, os locais conseguiron poñerse por diante e, nos últimos minutos, romperon o encontro con tres triplos que levaron o marcador ao definitivo 77-63.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu