Ribadeo mandaba ao descanso, pero caeu na segunda parte

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – Ribadeo

“Debemos aprender a afrontar y gestionar en la propia pista minutos de “vacas flacas”, ya que no disponemos de tantas rotaciones como el resto de equipos”

RIBADEO 52 – CULLEREDO 67

O Ría de Ribadeo volveu disputar dous encontros nun. O primeiro ao longo da primeira parte, na que volveron demostrar que en igualdade de forzas físicas, compiten ante calquera rival da Liga Galega infantil masculina, como fixeron a pasada xornada ante o líder da competición na súa pista e como repetiron ante Culleredo en Ribadeo.
Con todo, as rotacións seguen marcando as diferenzas, e co paso do encontro os rivais, coñecedores do talón de Aquiles dos de Sama, imprimen un alto ritmo co que decantan os encontros.
De inicio, o primeiro obxectivo de Ribadeo era ser intensos en defensa e deixar ao seu rival por debaixo dos trinta puntos ao descanso, algo que conseguiron. Os mariñaos controlaron o balón, atacaron con orde e minimizaron os erros para que Culleredo non puidese correr. Todo isto viuse reflectido no marcador co máis 6 co que se chegou ao descanso, 34-28.
Xa na segunda parte os visitantes impuxeron un ritmo de xogo máis alto, acelerando o encontro e subindo a intensidade defensiva sobre as principais vías de anotación dun Ribadeo que non conseguiu manter a calma e entrou nunha dinámica de precipitacións e perdas de balón por abusar do bote, un aspecto que os ribadenses controlaron ao longo da primeira metade.
Con todo iso, Culleredo deulle a volta ao marcador e foise cunha renda imposible de recortar por parte dun Ribadeo que loitou ata o final nun novo encontro con dobre lectura.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu