Ribadeo levouse o derbi contra Sarria e Porta XI cedeu ante Star Center

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

PORTA XI – STAR CENTER 47

RIBADEO 57 – CB SARRIA 49

 

O acerto desde a liña de tres foi clave na vitoria do Ribadeo no derbi provincial ante un CB Sarria que non lle perdeu a cara ao encontro e que pelexou ata o último balón. O encontro comezou cun parcial favorable para as ribadenses -17 a 11 ao final do primeiro cuarto- , grazas ao dominio do xogo debaixo dos aros. No segundo cuarto o CB Sarria fixo un cambio defensivo para conter ás mariñás en zonas próximas á canastra e o partido equilibrouse -14 a 11 ao final do período-. Tras o paso polos vestiarios viuse un espectacular cuarto, cos dous equipos protagonizando bos ataques contra as defensas en zona. O acerto de Andrea desde a liña de 6,75, con tres triples, fixo que as ribadenses volvesen acabar por diante -18 a 15-. Co partido encarrilado, no último período, o Ribadeo baixou o ritmo do encontro e dedicouse a administrar a vantaxe ante un Sarria que circulou ben o balón e que mellorou no tiro exterior, pero que non puido cambiar o desenlace do encontro -8 a 12 no último período-.
O Ensino fixo demasiadas concesións ante o líder, Star Center. As ensinistas comezaron o encontro con pouca actividade defensiva, encaixando puntos fáciles e, malia que tiveron bos momentos ao longo partido, sempre foron por detrás no marcador. Ás lucenses custoulles atacar a defensa en zona das visitantes, que xa gañaran o partido de ida en Ferrol cunha proposta similar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu