Ribadeo é lider en solitario da Liga Provincial cadete feminina

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

CB VIVEIRO 35 – CB SARRIA 65

ENSINO 02 39 – CB RIBADEO 42

ENSINO 03 42 – ESTUDIANTES 52

TERRA CHÁ 43 – T. MARIÑA 72

CELTAS FOZ 26 – SAN CIPRIÁN 84

 

O CB  Ribadeo tamén é o único equipo da categoría feminina que aínda non coñece a derrota. As ribadenses impuxéronse ao Ensino 02 nun choque directo que consagrou a Aldara. A base superou a  presión rival a todo campo e dominou o ritmo dun partido no que o equipo non tiña a superioridade física doutras ocasións. Aínda así, as ensinistas, que perdían de 14 ao descanso, chegaron a disputar o partido nos últimos minutos. Mentres, as máis novas de Ensino puxéronlle difícil a vitoria no derbi a un Estudiantes que tirou da renda obtida no primeiro cuarto para gañar. A xornada completouse con triunfos de San Ciprián, Terras da Mariña e CB Sarria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu