Ribadeo iguala o póker de vitorias de Oral Design Sarria a falta dunha carta

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

Os de Jose Vázquez poden alzarse co liderado en solitario na próxima xornada e aínda contan cun encontro aprazado. O cadro sarriao non volverá competir ata o 10 de decembro

O Ría de Ribadeo igualou a man gañadora de Oral Design Sarria con póker de triunfos, pero os de Jose Vázquez aínda contan cunha carta na manga, que utilizarán na próxima xornada ante Ensino en Lugo para poder asaltar o liderado en solitario con pleno de vitorias nas cinco xornadas que disputaron, tendo aínda un encontro aprazado da primeira xornada.
Os mariñaos impuxéronse ao Ensino Lugo no partido de ida, 74-37. Tamén fixo valer o factor pista Viveiro ante Estudiantes tras desnivelar ao seu favor un marcador moi axustado, 50-47, mentres que a única vitoria a domicilio nesta quinta xornada da Segunda División cadete masculina chegou no derbi capitalino entre Ensino Galén e Cidade de Lugo, con vitoria visitante no Seminario, 35-66.
Os mesmos enfrontamentos, pero con cambio de pista, disputaranse a próxima fin de semana, antes de chegar ao parón pola ponte da Constitución. Á volta, na fin de semana do 10-11 de decembro, Sarria volverá a unha competición na que Ría de Ribadeo afrontará as súas dúas xornadas de descanso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu