Ribadeo, líder da 2ª División masculina tras asaltar o Anexo

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

 

ESTUDIANTES 41 – RIBADEO 80

“No estuvimos acertados en el primer tiempo y a partir de ahí todo se nos hizo cuesta arriba” SISE PEINÓ  – Estudiantes

“Gran partido onde dominamos o xogo durante os 40 minutos” RUBAL CB Ribadeo

 

NARÓN 55 – CIDADE 80

“Gran esfuerzo en la segunda parte” ADRIÁN GONZÁLEZ Cidade de Lugo

 

STA MARÍA 65 – VIVEIRO 51

“Tenemos que competir los 40 minutos y no los 37 que hicimos en este partido”  VICENTE PIÑÓN CB Viveiro

 

Ribadeo gustouse ao seu paso polo Anexo, onde se impuxo con autoridade a Estudiantes no derbi provincial da xornada na Segunda División júnior masculina. As sensacións, sobre todo en defensa e en acerto no tiro, foron mellores para os de Rubal dende os primeiros minutos nos que tomaron o mando no marcador cun primeiro parcial de 5-11. Pero sería no segundo cando os mariñaos, da man de Marco e Alberto, despegaran definitivamente para levar o marcador ata o 14-40 co que se chegou ao descanso tras un segundo parcial de 9-29.
Na segunda parte Ribadeo controlou en todo momento o partido exhibindo a súa profundidade de banquiño, xa que todos os xogadores aportaron tanto en defensa como en ataque para terminar asinando unha vitoria clara e contundente coa que chegan á xornada de descanso dende o máis alto da clasificación.

Cidade de Lugo
Os de Adrián González asinaron a súa segunda vitoria consecutiva ante Narón, nun partido no que foron de menos a máis.
Na primeira parte a posta en escena foi moi mala, sen ritmo e sen pechar o rebote polo que Narón foise no marcador, 21-12. No segundo cuarto Cidade empezou a crecer dende a defensa para apertar o marcador ata o 32-27 co que se chegou ao descanso.
Xa na segunda parte marcaron o camiño a seguir cun xogo moi completo no que os xogadores divertíronse na pista para asinar un parcial de 23-53 na segunda parte,

Carferlo Viveiro.
Bos minutos con apagón final para os de Vicente Piñón ante Santa María do Mar.
Tras un primeiro cuarto de tenteo, no segundo os mariñaos xogaron o mellor baloncesto do que vai de tempada que se viu reflectido no marcador cun parcial de 12-18 que lles poñía por diante ao descanso, 31-32.
Xa na segunda parte, tras un inicio marcado polas imprecións, Viveiro asentouse e chegou a mandar no último cuarto por cinco puntos, pero no sprint final tras remontar o Santa María del Mar, os locais despegaron nos últimos tres minutos nun marcador final que non fai xustiza tralo visto na maior parte do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu