Ribadeo gaña o derbi mariñao e Estudiantes volve á senda da vitoria

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

CB VIVEIRO 46 – CB RIBADEO 68

ROSALES 60 – ESTUDIANTES 61

 

Tres equipos lucenses competiron esta fin de semana na Segunda División Júnior masculina, na que o duelo máis interesante foi o que mediu ao Carferlo Viverio co Ría de Ribadeo no derbi mariñao.
O encontro estivo marcado polo partido aprazado que disputou Ribadeo tan só 24 horas antes contra Cidade, o que obrigou aos de Rubal a un sobreesforzo.
Ribadeo intentou que o ritmo fose lento e conseguiuno por momentos, cun primeiro parcial disputado de poder a poder que se levaron os visitantes polo seu maior acerto ante o aro rival, 9-14. No segundo, ao comezo mantívose o mesmo guión, pero chegados ao ecuador, a falta de cinco minutos para o descanso, Ribadeo despegou no marcador cun parcial de 0-13 propiciado por varios roubos de balón consecutivos que desencadearon en canastras fáciles á contra.
Tralo descanso Viveiro esgotou as súas opcións de meterse no encontro, dominando o rebote e reducindo a vantaxe ata os tres puntos.
A partir de aí empezaba un novo partido, no que de novo Ribadeo, cuns minutos de gran defensa e con Marco e Alberto moi acertados en ataque, conseguiu volver abrir un oco no marcador que resultou decisivo.

Pola súa banda Estudiantes volveu á senda da vitoria ante o próximo rival de Ribadeo, un Rosales que pese a non coñecer a vitoria nas cinco xornadas disputadas vendeu moi cara a derrota ante os celestes.
Tras un inicio de partido igualado, 15-16 no primeiro cuarto, tras baixar a primeira liña de presión Estudiantes atopouse máis cómodo que presionando a pista aberta. Mentres que no segundo o acerto local levou o marcador ata o 36-28 ao descanso.
Na segunda parte o conxunto celeste mantívose con vida e foi recortando puntos ata poñerse por diante no último minuto e defender con éxito os últimos lanzamentos do Rosales en busca do empate.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu