Ribadeo estrea a conta de vitorias ante Basquet Coruña

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

SAMA – CB Ribadeo

“Merecida vitoria en una Liga en la que tenemos que poner el 100 % en cada partido”

CB RIBADEO 89 – BASQUET CORUÑA 69

Un parcial de 20-2 tras reaccionar a unha mala posta en escena tralo descanso guiou a Ribadeo ata a súa primeira vitoria na Liga Galega infantil. Un triunfo dunha vila como Ribadeo ante un coloso como A Coruña, pero esta é só a primeira vítima dos mariñaos esta tempada.
Na primeira parte cada equipo dominou un parcial, o primeiro foi para Ribadeo, 24-17, mentres que o segundo anotárono os herculinos, 17-23, para chegar ao descanso cun igualado 41-40.
Xa na segunda parte en apenas tres minutos os visitantes puxéronse 45-40 no marcador, pero tras un tempo morto, Sama reactivou ao equipo e este endosoulle un parcial de 20-2 ao seu rival levando o marcador ata o 65-52 co que finalizou o terceiro cuarto.
Basquet Coruña, lonxe de baixar os brazos, abriu o último cuarto cun parcial de 0-5, pero Ribadeo mostrouse sólido, mantivo a vantaxe sempre por encima dos dez puntos e ata a ampliou na recta final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu