Ribadeo e MGR chegan líderes ao ecuador

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

Os ribadenses aupáronse á cima do Grupo I tras gañar dous partidos a domicilio durante a fin de semana, ante Ensino e Estudiantes Azul

CB Ribadeo e MGR Sarria chegan ao ecuador da Copa Primavera como líderes dos seus respectivos grupos tras gañar os tres encontros disputados no torneo.Os ribadenses asaltaron a primeira praza tras unha fin de semana na que lograron dúas vitorias a domicilio, no aprazado ante Ensino que xogaron o venres e no correspondente á terceira xornada que se disputou o sábado.
Fronte a Ensino, a pesar de non ter un día acertado no tiro, correr tras rebote defensivo permitiulles chegar ao descanso cunha renda cómoda, de 18 puntos, que mantiveron na segunda parte. A diferenza do día anterior, ante Estudiantes Azul, o partido transcurriu igualado ata o último cuarto, no que romperon o partido levando a diferenza aos 19 puntos.
O MGR Sarria encadeou o terceiro triunfo ante Sagrado Corazón. Un bo parcial no primeiro cuarto, 7-14, alimentou a inercia positiva dos sarriaos, que se mantiveron por diante a pesar da mellora dos capitalinos, con boas fases de xogo ao longo da seguinte media hora.
A outra vitoria da xornada foi para Estudiantes Rojo, que superou a barreira dos cen puntos antes Oral Design.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu