o Ribadeo deu a cara ante Blanco Amor

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – CB Ribadeo

“Buen partido ante el líder de grupo, contra el que logramos competir de tú a tú”

CB RIBADEO 66 – BLANCO AMOR 76

Bo partido do Ría de Ribadeo malia a derrota, xa que os de Sama competiron de poder a poder ao longo dos corenta minutos ante o líder deste grupo. Un Blanco Amor Ourense que marcou a diferenza no marcador ao facer valer a súa superioridade física na pintura, grazas á cal pecharon o seu rebote e obtiveron segundas opcións de tiro en ataque.
As forzas estiveron igualadas ao comezo do encontro, 16-16 ao final do primeiro cuarto e 15-14 no segundo para chegar ao descanso con 31-30.
Na segunda parte todas as espadas estiveron no alto durante 15 dos 20 minutos. O terceiro parcial finalizou con 19-21, polo que Blanco Amor chegou aos últimos dez minutos cun punto de vantaxe. Tan só a partir do ecuador do último cuarto puideron marcar distancias, ao aproveitar tamén o esforzo realizado por un bo Ribadeo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu