Ribadeo atopou as debilidades do Culle

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

Pero a falta de combustible para o último período acabou decantando o partido na pista coruñesa

 

KFC CULLE 68 – CB RIBADEO 35

Sabendo que tiña en contra ao equipo máis poderoso da fase, o CB Ribadeo tratou de xogar as súas cartas a un marcador baixo e a estratexia funcionoulles na primeira metade, na que levaron o partido ao seu terreo. Baixando o ritmo do encontro neutralizaron o poderoso contraataque do Culleredo, que se mantivo por riba no marcador a base de acerto no tiro exterior -as coruñesas anotaron nove dos quince puntos do primeiro cuarto desde a liña de triplos-. Ao descanso, o electrónico reflectia un axustado 24-20 a favor das locais.
Sen embargo, na segunda metade, o guión cambiou. A presión a todo campo do Culleredo, favorecida pola laxitude do criterio arbitral á hora de penalizar as faltas, e os primeiros síntomas de cansanzo empezaron a crear fisuras na formulación das ribadenses. O acerto exterior das coruñesas volveu facer estragos -acabaron o encontro con 30 puntos desde a liña de tres-.
Con todo, no terceiro periodo, a figura de Irene sobresaíu para manter ao equipo no partido a base de tapóns, rebotes e puntos, pechandose o parcial cun 19-11.
O encontro romperíase definitivamente no último periodo, con máis interrupcións que xogo e un parcial de 25-4.
O CB Ribadeo agarda xa polo seu vindeiro rival, Compañía de María.

 

“Hasta que se agotaron las fuerzas y con sólo seis jugadoras, competimos de tú a tú al mejor equipo de la fase” JOSE VÁZQUEZ CB Ribadeo

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu