O resultado non reflicte o bo partido de Academia A Mariña 04

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

CARLOS MADAR – Academia A Mariña 04

“Gran trabajo y buen partido de todas las jugadoras”

MONTROVE 74 – AC. A MARIÑA 04 64

O Academia A Mariña 04 non puido continuar coa súa xeira de vitorias tras a derrota do pasado sábado contra Montrove por 74-64.
De inicio, as burelás partiron con vantaxe. Superando a defensa individual proposta polo conxunto local e buscando transicións rápidas en ataque, as de Carlos Madar conseguiron un parcial inicial de 0-6 tralo que Montrove pediu un tempo morto. A partir de aí o conxunto herculino comezou a acadar as primeiras vantaxes para finalizar o primeiro cuarto cunha renda de once puntos, 21-10,
No segundo parcial o Academia A Mariña tivo moita máis fluidez en ataque, aínda que non foi quen de frear as transicións locais. Pese a iso conseguiron reducir a vantaxe local a tan só oito puntos ao descanso. 41-33.
Montrove saíu de novo á pista cunha marcha máis e incrementou a súa vantaxe ata os 14 puntos. Foi entón cando chegaron os mellores minutos das mariñas, que a falta de seis minutos para a conclusión do encontro puxéronse a só seis puntos. Pero o acerto no tiro do conxunto herculino e as malas decisións das de Madar nos minutos finais provocaron un parcial de 20-4 a favor de Montrove que deixaba o marcador no definitivo 74-64.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu