Remontada capitalina tras gustarse Burela no derbi

ENSINO – BURELA
O debi provincial co que Cafés Candelas e Conservas Faro debutaron no 2023 tivo todos os ingredintes que fan especiais este tipo de duelos. Intensidade, bo baloncesto, dominios alternos e remontadas.
Conservas Faro arrincou de forma espectacular o encontro, cun parcial inicial de 6-19 tras dez minutos nos que ás mariñas vían aro cunha asombrosa facilidade ante un Ensino que non tivo pulso ata o segundo cuarto, cando as rotacións entraron en esceNa.
o 20-9 nos segundos dez minutos deixaba o marcador en 26-28 ao descanso. Por diante toda unha segunda parte na que a dúbida era se Burela podería manter a intensidade ante un Ensino con máis rotacións.
De saída, no terceiro cuarto, as de Nacho Mota aferráronse ao encontro, gañando o terceiro parcial, 7-10 e chegando aos últimos dez minutos con 33-38. Burela mantívose por diante catro minutos, pero ao desenlace final, Ensino chegou con moita máis enerxía e as de Aigor Romo, culminaron a remontada ante un Burela que se deixou ir nos dous últimos minutos, tras poñerse por diante o cadro capitalino.

Salir de la versión móvil