Remontada ao grande co liderado no punto de mira

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal grande

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Llegamos al momento clave de la temporada en nuestro mejor momento”

ESTUDIANTES 101 – ROSALÍA 75

Estudiantes gañouse a pulso o dereito de poder loitar o vindeiro xoves en Santiago polo primeiro posto da Liga Galega júnior masculina ante Obradoiro-Peleteiro, tras remontar con autoridade ante Rosalía no Anexo.
As opcións de Santiago pasaban por unha vitoria nesta xornada, nun duelo directo polo segundo posto. Os composteláns demostraron desde os primeiros minutos que vían co coitelo entre os dentes. Cun gran acerto no tiro exterior, catro triplos no primeiro cuarto, tomaron as primeiras vantaxes no marcador, 16-27 ao finalizar o primeiro parcial.
A partir de aí, Estudiantes, lonxe de virse abaixo, sacou carácter, axustou a defensa e defendeu o perímetro á vez que minimizou perdas, pechou o rebote e correu en ataque para xogar sobre vantaxes. Todo iso ante un dos mellores equipos da categoría e co marcador en contra.
O bo traballo viuse reflectido no electrónico, cun parcial de 18-9 e chegando ao descanso con empate a 47. Pero os de Riobóo non se quedaron aí e foron a máis, dominando con autoridade e impoñendo o seu ritmo ao encontro, imposible de seguir por parte dun Rosalía que se viu superado. Aos últimos dez minutos chegouse con 74-59, pero Estudiantes era un rodillo e foise por riba dos 100 puntos ante un equipo que recibe 67 de media e cunha exhibición de bloque, anotando todos os xogadores que participaron ao longo do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu