A reacción final de Estudiantes non tivo recompensa

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Nos está costando entrar en el partido y lo estamos pagando al final”

ALLARIZ 54 – ESTUDIANTES 51

Estudiantes volveu tardar demasiado en meterse no partido e as de Julia Pena volveron comprobar que nesta fase non chega cunha boa segunda parte para gañar. Os 14 puntos de desvantaxe ao descanso, 32-18, foron unha losa, pero aínda así as celestes estiveron a piques de remontar ao dispoñer de posesión e tiro para empatar o encontro nos últimos segundos.
Ata entón a Estudiantes custoulle arrincar ante un rival que empezou máis intenso e acertado, sobre todo no tiro de tres puntos, polo que tomaron o mando no marcador, 17-8 no primeiro parcial.
No segundo a defensa lucense empezou a crecer, aínda que tivo problemas para frear o potencial na pintura da xogadora máis física de Allariz, mentres que en ataque Estudiantes continuou sen ter boas sensacións e chegouse ao descanso con menos 14, 32-18.
No intermedio Julia Pena conseguiu reconducir a situación. Axustou a defensa sobre a interior local e Estudiantes empezou a ofrecer o seu nivel defensivo, pecharon o rebote de forma espectacular, roubando e saíndo rápido á contra e anotaron fácil ademais de subir as porcentaxes de acerto no tiro.
Aos poucos as distancias fóronse reducindo ata que a falta dun minuto e medio a renda local era de tan só dous puntos. Estudiantes tivo posesións para empatar e ata dispuxo dun último tiro para forzar a prórroga, pero o balón nesta ocasión non quixo entrar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu