Punto e final adiantado do Ribadeo

En 1ª División, Alevín

O seu último encontro foi ante Montrove, ao suspenderse o derradeiro

 

RÍA DE RIBADEO 73 – MONTROVE 81

A suspensión do último encontro que debía xogar Ribadeo na Coruña ante Jesuitas, propiciou que os mariñaos puxesen o punto e final á tempada en casa ante Montrove.
Os de Sama ademais remataron o curso cun gran encontro, un dos mellores da tempada, con picos de moi bo baloncesto e no que todos os xogadores aportaron en defensa e anotando cada un deles como mínimo unha canastra.
Ribadeo buscou e mereceu a vitoria, pero á marxe do axustado marcador final os mariñaos plasmaron sobre a pista o crecemento como equipo ao longo da tempada, na que empezaron moi verdes pero terminaron sendo un grupo forte e que dará que falar nos próximos anos.

 

“Disputamos un encuentro muy competido y con muy buen juego durante algunos momentos” SAMA CB Ribadeo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu