Proba de madurez superada no Anexo

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

O Ensino, que foi superior, tivo que sentenciar o partido no treito final

O Durán Maquinaria Ensino sumou unha nova vitoria na Liga Galega júnior feminina. Un triunfo esperado, pero que ten máis valor da forma como se conseguiu, sentenciándoo nos minutos finais nos que Maristas ameazou seriamente con remontar o encontro.
Ata entón o conxunto de Miguel López empezara con moita intensidade en defensa, conseguindo tiros liberados en ataque e dominando o rebote, de aí ao 25-18 do primeiro parcial.
No segundo, as porcentaxes de acerto no tiro foron máis baixas malia xerar boas opcións de novo. Pese a iso o segundo parcial tamén foi para Ensino, 14-12 chegándose ao descanso con 39-30 no marcador.
Tralo descanso Miguel López suscitou un cambio defensivo co que o Ensino propiciou un apagón en Maristas, que tan só anotou 10 puntos nestes dez minutos, mentres que a diferenza foise ata os 15 de cara ao último parcial.
Ensino tivo un exceso de relaxación e Maristas recortou distancias ata poñerse a tan só seis puntos. No o momento da verdade, as lucenses mantiveron a calma ou certificaron a vitoria no Anexo.

“Partido de altibajos en el que supimos mantener la calma en los momentos finales para conseguir la victoria final” MIGUEL LÓPEZ  Durán Maquinaria Ensino

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu