Primeiro vis a vis con Rosalía

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal grande

O Ensino cruzarase en semis dos play off co seu último rival en Liga regular

ENSINO 54 – ROSALÍA 57

Durán Maquinaria Ensino e Instituto Rosalía víronse as caras no último encontro da Liga regular da Liga Galega júnior feminina. Ambos equipos cítanse no seu próximo encontro, o que lles medirá por un posto na final dos play off en Lugo.
Rosalía pegou primeiro, gañou no Anexo, pero fíxoo nun partido que en moi pouco se parecerá ao das semifinais da final A4. Miguel López escondeu cartas da baralla, xa que o Ensino competiu sen tres referentes como son Marina, Carmen e Natalia Martínez, e coa a lesión de Tania aos dous minutos.
Pese a iso Ensino estivo preto da vitoria. A primeira parte disputouse de poder a poder con dous cuartos similares, 14-18 e 18-14, mentres que no terceiro as compostelás fóronse de ata 11 puntos de vantaxe de cara ao último cuarto, no que as lucenses tiveron tiro para forzar a prórroga, pero a fortuna reservouse para as semifinais.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu