Triunfo balsámico para o Ensino cadete na segunda fase

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

AIGOR ROMO – Ensino

““Un partido muy incómodo en el que conseguimos lo que necesitábamos, la victoria”

ENSINO 65 – CARMELITAS 62

O Cafés Candelas Ensino reconciliouse coa vitoria tras impoñerse no Anexo a Carmelitas, nun encontro no que, á marxe do xogo, o máis importante era gañar e as de Aigor Romo conseguírono.
De inicio os ataques impuxéronse ás defensas, cun intercambio de golpes que finalizou con 17-20 ao final do primeiro cuarto. No segundo parcial o Ensino cortou a sangría ofensiva de Carmelitas subindo a intensidade defensiva e deixando ao seu rival en tan só 8 puntos, mentres que en ataque o conxunto lucense continuou atopando vías para anotar.
A segunda parte empezou con 37-28. Unha renda que Ensino soubo manter na segunda parte, na que a presión apoderouse de ambos equipos no último cuarto. As visitantes por gañar o seu primeiro partido, e o Ensino por non descolgarse dos cinco primeiros postos á espera de recuperar a todos os efectivos para volver ofrecer a súa mellor versión.
Ao final o factor pista tamén foi decisivo e o Ensino púidose quedar cunha importante vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu