Primeiro asalto da Copa Primavera

En 2ª División, 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Infantil Masculino

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e CB Viveiro impuxéronse no masculino

 

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria estreáronse con vitoria na Copa Primavera feminina, que botou a andar esta fin de semana.

As capitalinas impuxéronse a Galén Ensino, 57-26, logrando a terceira vitoria da temporada sobre as colexiais, ás que tamén venceran nos partidos da liga. Pols súa parte, Saneamientos CB Sarria conseguiu darlle a volta aos precedentes e lograr a primeira vitoria da temporada ante Estudiantes Lugo, terceiro clasificado na competición regular. As sarriás resarcíronse cunha vitoria por tres puntos, 52-55, na cancha da Frigsa.
CB Viveiro e Franciscanos estrearanse na competición a vindeira xornada.
Copa masculina
O torneo masculino tamén se puxo en marcha a fin de semana, coa disputa dun partido en cada grupo.
MGR CB Sarria volveu vencer a Estudiantes 05 co que xa se vira as caras na última xornada da competición regular. Os sarriaos volveron impoñerse, ratificando as boas sensacións coas que acabaron a temporada. Os de Javi Moya desnivelaron o partido na segunda metade, cunha boa saída de balón e unha defensa sólida que lles deu confianza para poñer terra polo medio no marcador ata o definitivo 30-67.
Máis ampla foi a vitoria do Viviero ante Estudiantes 06. Os mariñaos, superiores fisicamente, impuxeron o seu ritmo desde o inicio ante os celestes, que non baixaron os brazos pese a pecharse a acta en 65-15.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu