Primeira xornada da Segunda División júnior feminina

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

Ribadeo caeu ante  un rival máis rodado

 

CB RÍA DE RIBADEO 53 – PONTUMIO 62

O Ría de Ribadeo júnior feminino debuto con derrota ante un Pontumio que se mostrou moito máis rodado a estas alturas de tempada, tras disputar a fase de ascenso á Liga Galega, mentres que para as mariñás foi o seu primeiro encontro oficial.
Pese a iso Ribadeo tivo opcións de vitoria ata o final, chegando ao último cuarto tan só catro puntos abaixo. Ata entón a posta en escena marcara o encontro, 9-19 no primeiro cuarto con ata 4 triplos das visitantes nos primeiros dez minutos. A partir de aí Ribadeo, da man da cadete Irene, autora de 19 puntos, foi crecendo ata case obrar a remontada, que se fixo imposible ao chegar Ribadeo moi xusto fisicamente á recta final ante un rival con máis fondo de armario.

 


 

O Porta XI exhibiu potencial no derbi

 

ENSINO 87 – CB SARRIA 47

O Porta XI Ensino exhibiu o seu potencial na xornada inaugural ante o María Teresa Dental Sarria, nun partido no que todas as xogadoras locais anotaron con fluidez e especialmente as cadetes estiveron a un nivel moi alto.
A maior profundidade de banquiño foi determinante, xa que o partido non se rompeu ata a segunda parte na que a carga de minutos foi clave.
Ao descanso chegouse con 34-23 no marcador, mentres que o parcial na segunda parte foi de 53-24. Unha diferenza fraguada na superioridade local e tamén no rebote e a intensidade defensiva coa que puxeron rumbo fixo ata a vitoria no primeiro derbi da tempada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu