A primeira volta remata con Estudiantes 02 como líder

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

CB CELTAS 40 – ESTUDIANTES 03 51

AXSC 50 – MGR SARRIA 92

HIERROS 99 – ORAL DESIGN 26

 
O dobre choque entre AXSC e CB Sarria rematou cunha de cal e outra de area para cada club.
Hierros Ferreiro logrou ante Oral Design unha vitoria que lles serviu para recuperar sensacións tras a derrota da pasada semana ante CB Ría de Ribadeo. Os de Rubén Engroba saíron á cancha moi enchufados e levaron o partido ao seu terreo, para correr e anotar puntos con facilidade e de forma constante ao longo do encontro, con parciais de 25-6, 21-6, 27-12 e 26-2.
MGR Sarria venceu a un Sagrado Corazón que amosou a súa mellor cara na primeira parte, 30-37, pero que foi perdendo confianza e intensidade e que acabou claudicando na segunda parte ante un equipo local reaxustado e dominador no rebote defensivo que se foi distanciando no marcador con canastras á contra e segundas opcións de tiro en accións en xogo estático.
Estudiantes 03 logrou a súa cuarta vitoria na Liga ao impoñerse ao CB Celtas en Foz. Os estudiantís levaron a iniciativa no marcador, pero con vantaxes mínimas que mantiveron aos locais no partido ata o último cuarto. Os fallos debaixo do aro e as dificultades para rebotear impediron aos de Mariña recortar diferenzas e, no derradeiro periodo, os visitantes, xogando ao contraataque, romperon o partido.
A xornada completarase co Burela-Cidade de Lugo e o Estudiantes 02-Ribadeo, que foron aprazados para a vindeira fin de semana, na que as ligas tanto masculina como feminina descansan antes de comezar a segunda volta do campionato.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu